Incorporo ás publicacións un artigo, titulado “Crosscutting Teaching Strategies for Software Development Teams: Insights from Kolb’s Inventory”, publicado na revista electrónica do CLEI, dispoñible en acceso aberto e licenciado CC-BY.

Esta publicación presenta un novo traballo liderado polo doutor Mauricio Hidalgo, a quen recibín como investigador visitante na Universidade da Coruña na súa etapa predoutoral, e con quen teño o gusto de continuar colaborando. Unha das liñas de investigación que Mauricio lidera é precisamente o estudo das maneiras como aprenden as persoas que estudan Enxeñaría do Software, e por tanto que podemos facer desde a academia para fomentar e reforzar esas experiencias significativas.