Novo capítulo de libro
Incorporo ás publicacións un capítulo de libro, titulado “Bits y cuerpos: la digitalización de la explotación sexual en Pontevedra a través de anuncios de ‘Contactos’”, que forma parte do libro “Feminismo, educación y diversidad en el siglo XXI: retos y oportunidades para la transformación social” (ISBN: 979-13-7006-018-3), dispoñible para a súa descarga completa a través de Dialnet.
Esta publicación presenta os resultados do proxecto “Análise da pornografía dixital e a prostitución: Estudo dos sitios web de contactos na provincia de Pontevedra desde unha perspectiva de xénero”, dirixido polo compañeiro Xabier Rolán e financiado por Cátedra Feminismos 4.0 da Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo. Pódense consultar máis detalles na web do proxecto.